Império Pequeno… e cada vez mais (via listo, forodreamland).

Se aos líderes deste Partido (socialistaobrero) Español lles quedara algo de vergonza e dignidade, só os veríamos levantar o puño nestas circunstancias.
Recentes multas de 300 a 600 euros aos ridiculistas que nos disfrazamos en Compostela o 08/02/08 para parodiar a Galicia Bilingüe (http://www.youtube.com/watch?v=3twT70lRSY0&NR=1, ver relacionados)
Os escritos sancionadores acúsanos de causar destrozos no mobiliario urbano, tratar de impedir de xeito violento unha manifestación e polo tanto a liberdade de expresión. Axitar unha perigosa maraca é impedir a liberdade de expresión, impoñer sancións de cen mil pelas das vellas por dicir o que pensamos non debe selo.
Comparación de imaxe orixinal de repositorio fotográfico e imaxe final, despois de pasar os filtros dos creativos publicitarios de Vodafone. Alguén albisca a diferencia?

Ridiculización de Roberto Blanco Valdés, xornalista da Coz, despois de que se autodefinira como “intelectual de esquerdas”.
Parodia de cartaz de filme coas peripecias de Feijóo durante a vaga de lumes do 2006. Mesmo fixera un trailer que podedes ver aquí: http://www.youtube.com/watch?v=iO_h8ObckRk







